ConcellosÚltima hora

Tomás Macía, usuario da residencia de Manzaneda, celebra o seu centenario

Tomás Macía Fernández celebrando o seu centenario neste 20 de maio en Manzaneda./ Foto cedida.

 

De xeito especial se está a vivir este 20 de maio na Residencia de Maiores de Manzaneda. Tomás Macía Fernández, un dos seus usuarios, cumpre neste mércores 100 anos.

Tomás naceu en Mormentelos (Vilariño de Conso) e leva na residencia de Manzaneda dende agosto de 2016. A pesar de que nestes momentos está confinado no Centro de Día, celebrou esta data tan significativa recibindo as felicitacións, a través de videoconferencia, das súas fillas e fillo, que se encontran en Francia.

Tivo tamén a súa tarta de cumpreanos (aínda que non soprou as candeas porque isto non se permite polo Covid19) e, por suposto, un agasallo.

Artigos relacionados

Back to top button