CulturaMúsicaÚltima hora

“Tomás Porteiro” pecha a cuarta fin de semana do “Terrasón 2020” do Barco

O concerto tivo lugar hoxe, domingo 16 de agosto, ás 13:00h no Paseo do Malecón

 

Finaliza a cuarta fin de semana do ciclo musical “Terrasón 2020” coa actuación de “Tomás Porteiro”, este domingo 16 de agosto. Tres músicos amenizaron a sesión vermú a partir das 13:00h no Paseo do Malecón, na zona próxima ao cruce con José Otero.

O “Terrasón 2020”, iniciativa do Concello do Barco, continúa a fin de semana que ven coa actuación de Sr. Jingles o vindeiro venres, 21 de agosto, nas pistas deportivas do Malecón. Ao día seguinte, sábado 22 de agosto, será a quenda de Sheila Patricia, que ofrecerá un concerto na Praza José Otero no mesmo horario.

Fotos: cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button