CulturaCultura

Tonhito de Poi presenta o seu disco no Barco

Foi gravado dacabalo engtre Galicia e a propia Amazonía

Tonito-de-POI-OSoroDaVerdade-pLibrería Murciego (O Barco de Valdeorras), venres 5 de abril ás 19:30h. Ese será o punto de encontro e a hora nos que Tonhito de Poi (polifacético músico membro da mítica banda Herdeiros da Crus), achegará aos valdeorrese o seu último traballo: un disco-libro que baixo o título “O soro da verdade” recolle a súa experiencia no mesmo corazón da Amazonía.

Hai un ano, de Poi decidía marchar na procura da verdade e para iso, viaxou ata o máis profundo do Amazonas. “Alí” tal como conta, “na selva virxe da reserva do Purús, durante varias cerimonias iniciáticas e guiado polos poderes do ayahuasca, vivín unha viaxe cósmica”, unha experiencia di “persoal e intransferible” que acabou por converterse nun disco-libro, unha colección de música chamánica, cánticos medicinais e sons únicos.

O disco foi gravado dacabalo engtre Galicia e a propia Amazonía onte Tonhito de Poi puido recoller algún dos sons “máis fascinantes da selva”, así como fragmentos das cerimonias nas que participou, cánticos medicinais,… Ademais das pezas musicais, “O soro da verdade” tamén inclúe unha pista extra de video, no que se reproduce un minidocumental con imaxes gravadas polo propio Tonhito na selva e unha entrevista co chamán.

Texto: Mónica G. Bellver

(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Back to top button