En portadaÚltima hora

Toque de queda parcial en Galicia, peche da hostalaría ás 00h. e do ocio nocturno ás 2h.

Son algunhas das medidas que vén de anunciar o conselleiro de Sanidade e que entrarán en vigor na noite do 30 ao 31 de decembro para manterse ata o 18 de xaneiro

O presidente da Xunta e o conselleiro de Sanidade, na reunión do Comité Clínico.

 

“A situación actual preocúpanos por ese incremento explosivo de casos da última semana. Estamos nunha fase da pandemia, marcada pola variante ómicron (que aparecía por vez primeira en Galicia o 8 de decembro). A entrada abrupta desta variante está a producir este récord de contaxios. Hoxe, polos datos que temos ata agora, poderíamos chegar a superar os 4.000 casos diarios. Polo tanto, estamos ante un risco certo, nunca houbo tantos contaxios, nin tantos positivos”, dicía o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, ao inicio da súa comparecencia para dar conta das decisións tomadas na reunión de onte do Comité Clínico que fai seguemento do Covid-19 en Galicia.

Neste senso, o conselleiro anunciaba unha serie de medidas, ademais de incidir na vacinación, “para minimizar o impacto dos efectos e ómicron, que chega no peor momento posible a Galicia, sobre todo pola interacción que temos nestas datas”. Estas medidas entrarán en vigor na noite do 30-31 de decembro e ata o 18 de xaneiro. “Son medidas proporcionadas e medidas distintas para unha situación distinta que esperemos que permitan conter o incremento tan importante de casos”.

Así, o Julio García insistía, en primeiro lugar, no “uso de máscara en interiores e exteriores, só se pode quitar no momento de beber ou de inxerir alimentos, especialmente en eidos como a hostalaría ou nos ámbitos de traballo”. Ademais o conselleiro anunciaba o peche da hostalería e restauración a partir das 00,00 horas, excepto venres e sábado, onde ese peche prolóngase ata as 01,00 horas, do peche do lecer nocturno ás 02,00 horas; e un toque de “non queda”. “Queda prohibido quedar con outras persoas entre as 02,00 e 06,00 horas. Poderán transitar pola rúa as persoas soas ou da mesma unidade familiar. Esta medida necesitará o aval previo do TSXG. Deste xeito búscase evitar, ao rematar ese horario, o encontro de persoas non conviventes en festas en prazas ou nas rúas”. Ademais estenderase o certificado covid en toda hostalería durante todo o día.

 

O conselleiro de Sanidade, Julio García, durante a súa comparecencia.

 

Tamén quedará prohibido o consumo en barra e limitaranse os eventos musicais masivos, onde o público terá que estar sentado e con aforo limitado. O conselleiro mencionaba como excepción que na noitevella a “hostalería e restauración pecharán ás 1,00 horas e non poderán abrir ata as 10,00 horas do día 1”. Unha cuestión que queda pendente, en función do que se decida na reunión prevista para esta tarde coa hostalaría, é a do ocio nocturno. “Podería pecharse no rango das 3h. ou ben se se pecha definitivamente toda a noite”.

Así mesmo, Julio García Comesaña, aconsellaba que non se “excedan as dúas unidades familiares nas comidas familiares ou ceas e, e a ser posible, que sexan as mesmas da Noiteboa ou do Nadal”. Ademais recoméndase os formatos de cabalgatas de Reis estáticas.

Artigos relacionados

Back to top button