En portadaÚltima hora

Toque valdeorrés na retransmisión das Campanadas para Mediaset

O rues Felipe Rodríguez encargarase da subdirección deste programa, que se fará dende o municipio mallorquino de Sant Llorenç des Cardassar
O valdeorrés Felipe Rodríguez a subdirección das Campanadas de fin de ano para Mediaset./ Foto: Carlos G. Hervella.

A diferenza das outras canles nacionais de televisión, que acostuman retransmitir as tradicionais Campanadas que dan entrada ao ano novo na noite de 21 de decembro, as de Mediasete non se emitirán dende a Porta do Sol (Madrid) e ademais terán selo valdeorrés. As Campanadas de Telecinco e Cuatro, entre outas canles, trasladaranse ata o municipio de Sant Llorenç des Cardassar (Mallorca), gravemente afectado pola riada do pasado mes de outubro. “O obxectivo é mandar a toda a audiencia unha mensaxe de apoio, esperanza, ilusión e bos desexos para o 2019”, explica con satisfacción o rues Felipe Rodríguez, que se ocupará da subdirección deste programa de fin de ano.

“Faime moita ilusión que sexan en Mallorca, porque alí traballei en varias producións, cando empecei a miña carreira profesional, para o Mundo TV e IB3, e teño recordos magníficos das illas. Ademais conservo grandes amigos alí, que poderei abrazar nesta fin de ano. Ilusióname especialmente celebralo nun pobo, nunha aldea. Porque eu son dun pobo e terei moi presente a toda a miña xente de A Rúa, de Corzos e de Cambela. Que son as miñas raíces. Pensarei en toda Valdeorras dende a costa este do noso país”, comenta con satisfacción.

Este programa de fin de ano e de entrada do 2019 será posible grazas ao traballo dun equipo de 53 profesionais: 24 persoas dende Madrid e outras 23 en Mallorca. “É unha experiencia única poder retransmitir unha emisión tan importante e tamén unha responsabilidade. A retransmisión será simultánea a través de todos as canles do grupo, desde un escenario situado a pé de rúa, na Plaça nova de Sant Llorenç, fronte a igrexa. O reloxo dará a benvida ao novo ano”, avanza Felipe Rodríguez.

Este espazo será presentado por dous recoñecidos profesionais: Lara Álvarez e Jesús Calleja. “É un luxo contar con Lara Álvarez, coa que xa teño traballado en todas as edición de “Supervivientes”, trátase dunha magnífica profesional e grandísima persoa; e tamén co aventureiro Jesús Calleja, para quen son as súas primeiras Campanadas”, explica este profesional rues.

O programa comezará en torno ás 23:30h. do 31 de decembro e durará ata as 00:14 aproximadamente. “Como novidades haberá moitas sorpresas, que levarán a ilusión a todos os fogares que sintonicen calquera dos canles de Mediaset. Son as Campanadas da Ilusión”, adianta este valdeorrés, coñecido, ademais de polo seu traballo en diversos programas de televisión, por dirixir o documental “Lobos Sucios”. Desta volta acompañaranos co seu traballo nun momento tan especial e emocionante como é o de dar a benvida o novo ano.

Artigos relacionados

Back to top button