CulturaCulturaEntroido 2022Última hora

Toques de folión e Boteiros en Mormentelos (Vilariño de Conso)

Publicidade

 

Ao longo deste Entroido o Fulión de Mormentelos (Vilariño de Conso) percorría en diversas ocasións esta localidade enchendo do seu intenso ritmo as rúas e vestíndoas do colorido e das elegantes danzas dos seus Boteiros, cunha estética e un comportamento totalmente diferente aos do resto do municipio.

Esta aldea recibía na noite do Domingo a visita da Asociación Xuntos polo Fulión e, ao día seguinte, a do Fulión de Castiñeira, renovando así o seu tradicional intercambio con este pobo veciño, interrompido o pasado ano pola pandemia.

 

Ronda do Folión de Castiñeira por Mormentelos./ Foto: Álvaro Rúa.

 

Así o lembraban os representantes de Castiñeira cando formulaban a petición de permiso en verso: “Boas noites Mormentelos/ aquí estamos outra vez/ se non viñemos antes,/todos sabemos o por que”. E, acto seguida, na concesión do permiso, Mormentelos agradecía esta visita: “Gracias Castiñeira/ por tomar a decisión/ de vir aquí esta noite/ a tocar o folión“. Deseguido, o potente toque de Castiñeira enchía a aldea.

Fotos: Alejandro Nieves.

 

Foto: Alejandro Nieves.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button