ConcellosÚltima horaViana do BoloVídeos

Toques de fulión dende os balcóns nun insólito Domingo Gordo en Viana do Bolo

 

Coas rúas practicamente baleiras de xente está a discorrer este Domingo Gordo en Viana do Bolo, considerado un dos días grandes do Entroido neste municipio. Atrás quedan, por mor do Covid, os multidunarios desfiles de fulións chegados de diferentes aldeas de municipio e de concellos veciños, tamén a Festa da Androlla no pavillón.

Pero pese a que este ano non se celebre a festa e a tristura dos veciños, a tradición segue moi viva e maniféstase na adornada praza Maior presidida polo Lardeira e a Lardeira e tamén por unha gran imaxe do Boteiro, a máscara que protagoniza o Entroido vianés.

 

 

Tamén poden verse algunhas persoas disfrazadas pola rúa e mesmo conviventes que aproveitan esas saídas para tocar o bombo.

Ademais os toques do fulión enchen as noites vianesas, xa que as familias saen aos balcóns para bater bombos, aixadas e gadañas mantendo vivo o forte sentimento entroideiro.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button