DeportesÚltima hora

Torneo de bolos en Punxeiro (Viana)

O 9 de agosto celebrarase unha nova edición do campionato de bolos celtas por parellas
En pleno lanzamento no campionato do ano pasado. /Foto: Carlos G. Hervella.
En pleno lanzamento no campionato do ano pasado. /Foto: Carlos G. Hervella.

Coa chegada do mes de agosto, chega tamén unha das citas deportivas máis importantes no municipio de Viana do Bolo: o campionato de bolos celtas por parellas organizado polo Club de Bolos de Punxeiro.

A cita será este sábado 9 de agosto no campo de bolos do pobo. Alí, a partires das once da mañá comezará a competición na que coma sempre contarán con boleadores de León, Asturias, Pontevedra, Lugo, e xa na zona, da Veiga, O Bolo e diferentes pobos de Viana.

Como en edicións anteriores na primeira fase do campionato decidiranse as parellas que competirán en cada un dos tres campos cos que contan no centro de Punxeiro. As que máis puntúen xogarán no primeiro campo, as seguintes no segundo e as que menos puntos consigan, farano no terceiro.

Todos xuntos compartirán o xantar no centro social, para retomar a competición que non rematará ata última hora da tarde coa entrega de xamóns e trofeos para os gañadores.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button