DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Torneo de Pesca de Santa Rita, no Barco

Uns vinte pescadores participaron no campionato celebrado no río Sil o domingo 15 de maio

Cada ano é o Torneo de Pesca organizado pola SPFV o que abre a programación das festas de Santa Rita, unha semana antes do día grande. Nesta ocasión era o domingo 15 de maio cando os pescantís, disfrutaban dunha mañá de pesca no río Sil que remataba co xantar no restaurante Alecrín.

Unha vintena de pescadores, entre eles nove cativos, participaban nesta edición do campionato que arrancaba en torno ás nove e media da mañá na beira oeste do río, na zona do Salgueiral onde se instalaban os pescadores. Coma sempre, a media mañá tiña lugar un aperitivo para coller folgos e continuar coa pesca ata a unha e media. Ese era o momento no que os organizadores procedían a realizar a pesada de onde sairían os premiados. O 1º premio era para Jesús de Andrés, o 2º para Miguel, o 3º para Lopera, o 4º para Antonio Miranda e o 5º para Marcelo. Con respecto aos xuvenís, o 1º premio era para José Luis, o 2º para Jeremías, o 3º para Ezequiel, o 4º para Enmanuel e o 5º para Saúl.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis informacón no Especial Santa Rita do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button