DeportesÚltima hora

Torneo de voleibol “Roscón de Reis”, no pavillón municipal do Barco

Hoxe xogaron as familias e os equipos masculinos e mañá farano os femininos

Dende a Carreira do Turrón ata os Torneos Roscón de Reis. Máis deportivo que nunca está sendo o Nadal no Barco de Valdeorras, con probas populares e moi familiares (de atletismo, baloncesto, fútbol sala e voleibol) ao aire libre e tamén nos pavillóns deportivos.

Na tarde do 3 de xaneiro tocáballe o turno ao voleibol coa celebración dunha nova edición do torneo organizado pola Sección O Barco do Club San Martiño no pavillón municipal vello. Dende as catro da tarde disputábase un torneo de voleibol en familia coa participación de 12 equipos e unhas 50 persoas e de seguido disputábase o masculino entre dous equipos formados por xogadores do Barco e da Rúa. Tal como explica o adestrador, este ano o torneo dispútase na modalidade de 6×6.

Mañá tocaralle o turno á categoría feminina, pola mañá de 10:30 a 13:30h. con tres equipos de iniciación e pola tarde de 15 a 20h. con seis absolutos.

Para facer honra ao nome, no torneo non falta o Roscón de Reis para degustación dos asistentes.

 

Artigos relacionados

Back to top button