DeportesÚltima hora

Torneo “Futsal Sober 2015”, do 9 ao 12 de xullo

Haberá premios económicos para os catro primeiros clasificados e tamén trofeos
Imaxe dun partido de fútbol sala.
Imaxe dun partido de fútbol sala.

Ultímanse os preparativos para a celebración do torneo de fútbol sala ‘Futsal Sober 2015’ que se celebrará nesta localidade lucense entre os días 9 e 12 de xullo. O sorteo dos equipos estaba previsto para as 21:00 horas do 7 de xullo no Centro Sociocultural.

A competición, na que colabora o Concello de Sober, contará cun primeiro premio dotado con 1.400 euros máis trofeo, un segundo de 700 euros máis trofeo, un terceiro con 120 euros e trofeo e un cuarto premio de 120 euros. Tamén haberá trofeos para o mellor xogador, o mellor porteiro, o máximo goleador e o mellor xogador Sub18.

Ademais o Concello de Sober pon a disposición de todos os participantes unha zona de acampada e piscina municipal de balde.

Artigos relacionados

Back to top button