Chandrexa de QueixaConcellosÚltima hora

Total de negativos no cribado de Covid feito na Residencia de Maiores de Chandrexa

Realizábase onte, tras a confirmación dun positivo nunha traballadora do centro

Os traballadores da residencia de Chandrexa de Queixa recibindo a noticia./ Imaxe: Residencia de Maiores de Chandrexa de Queixa.

 

Entre aplausos recibían esta mañá de domingo a noticia do total de negativos no cribado de coronavirus realizado entre os traballadores e usuarios da Residencia de Maiores de Chandrexa de Queixa. Así o confirmaban dende o propio centro nun comunicado publicado nas redes sociais.

Este cribado realizábase despois de que se detectase un caso de Covid nunha traballadora da residencia. “A finais desta semana, unha das nosas traballadoras presentou síntomas de Covid-19. Debido a isto, e tras informar ás familias dos nosos residentes do acontecido, o sábado ás 10h. da mañá todo o centro, tanto persoal como residentes, sometémonos a un novo cribado”, indicaban dende a residencia nas redes sociais.

Tras esa nova, que daban con preocupación onte, hoxe a residencia espertaba cunha boa noticia e confirmarse que estaban libres de virus, pero tamén coa recomendación para traballadores e usuarios de seguir extremando as precaucións e non baixar a garda. “Imos seguir así, se o facemos, non imos ter ningún problema, moitas grazas a todos”.

Artigos relacionados

Back to top button