CulturaCulturaÚltima hora

Touriñán, David Amor e Ledicia Sola chegan a Verín con “Amigos ata a Morte”

Debido á gran acollida, poderán verse tres funcións desta representación os días 24, 25 e 26 de marzo no Auditorio
Os protagonistas de “Amigos ata a Morte”, nunha das escenas da obra.

Inicialmente estaban previstos dous pases, os días 24 e 25 de marzo (ás 20:30h.), pero finalmente, ante a boa acollida do público que esgotaba as entradas, a produtora Etiqueta Negra e o Concello de Verín acordaban programar unha nova función para o sábado 25 de marzo, ás 18:00 horas. Así ata esta vila ourensá chegará a finais deste mes a obra “Amigos ata a Morte”, considerada unha das comedias máis exitosas da historia do teatro en galego, tendo en conta que xa a viron máis de 12.000 persoas en Galicia. Está interpretada polo televisivo Xosé A. Touriñán, David Amor e a ourensá Ledicia Sola.

Trátase dunha historia sobre a amizade e o amor cuxos protagonisas son Nacho, Anxo e María, tres amigos de sempre aos que o destino lles xoga unha inesperada pasada. Poderá verse sobre as táboas do Auditorio Municipal de Verín os días 24, 25 e tamén o 26, neste último caso ás 18h. As entradas pódense mercar en www.ataquilla.com e fisicamente no Auditorio Municipal de Verín, en horario de 17:00h a 20:00h. (de luns a venres).

Artigos relacionados

Back to top button