OurenseÚltima hora

A traballadora social Eva Vázquez, condecorada por universalizar a seguridade vial entre os presos

O galardón recibiuno de mans do Subdelegado do Goberno, Roberto Castro
Eva Vázquez e Roberto Castro.

O Subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, fixo entrega hoxe, 12 de xuño, unha placa da Dirección Xeral de Tráfico á Traballadora Social, Eva Vázquez, en agradecemento pola súa implicación e traballo diario a prol da “Universalización da seguridade viaria nos centros penitenciarios” que vén desenvolvendo dende 2009 no C.P. de Peleteiro.

No acto estiveron presentes o Xefe Provincial de Tráfico, David Llorente, o secretario xeral da Subdelegación, Manuel Arias, a subxefa de Tráfico, Andrea Conde, o capitán do Subsector de Tráfico, Ángel Rafael Rodríguez, e a subdirectora de Tratamento do Centro Penitenciario de Pereiro, Carla Gardía, ademais dos compañeiros da galardoada.

O subdelegado do Goberno, Roberto Castro, valorou positivamente o traballo de Eva Vázquez como responsable desta iniciativa, “sendo o centro de Pereiro pioneiro na execución con Tráfico deste programa de Universalización da seguridade viaria, pero tamén no referido a relatorios internos impartidos por vítimas de accidentes, obradoiros de seguridade viaria, impartición conxunta da pena de traballos en beneficio da comunidade para condenados por delito de tráfico”.

Roberto Castro salientou a súa satisfacción pola colaboración entre o C.P. de Pereiro e a DXT. 

Así mesmo, o subdelegado do Goberno amosou a súa satisfacción pola colaboración existente entre o C.P. de Pereiro e a DXT en Ourense, “a cal debe manterse nun futuro para consolidar estas actividades previamente descritas”, dixo Castro.

O programa para a “Universalización da seguridade viaria nos centros penitenciarios”, é un acordo nacional entre a DXT e Institucións Penitenciarias, para que os internos preseleccionados polo centro penitenciario que cumpran as premisas de: pena próxima a concluír, bo comportamento e carencia de permiso de conducir, sexan examinados por Tráfico no propio centro para obter o permiso de conducir da clase B.

Artigos relacionados

Back to top button