SanidadeÚltima hora

Traballadores do PAC do Barco piden que sexa trasladado ao Centro de Saúde

Hospital de Valdeorras.

 

A través dunha nota de prensa, traballadores do PAC do Barco veñen de amosar o seu desacordo coa nova ubicación prevista para o Punto de Atención Continuada (PAC) do Barco, no Hospital Público de Valdeorras. Din que o mellor sería colocalo no Centro de Saúde, ao considerar que conta con espazo suficiente para a súa instalación a un custo menor ao que se pretende coa nova reforma e coa suficiente calidade asistencial.

Así o persoal do PAC explica que “coa pandemia do Covid-19, os protocolos de actuación, establecen dous circuítos diferenciados de circulación de pacientes contaxiados, ou sospeitosos de contaxio, e pacientes con outras patoloxías. Tal e como temos o servizo neste momento non é posible e resulta moi arriscado para traballadores e usuarios seguir así (sen ventás nas consultas, con circulación de pacientes Covid, unha sala de espera común cos pacientes do hospital e con familiares de pacientes en observación do Hospital de Día…)”.

Ante esta situación, os traballadores deste servizo pedíanlle á xerencia o traslado do PAC “ao edificio do Centro de Saúde, onde non hai problemas de espazo e practicamente non habería que facer obras, máis que acondicionar unha zona de descanso. Por se iso non se aceptase, propuxemos outra solución dentro do hospital, tampouco saíu adiante”.

O persoal considera que o cambio de ubicación que plantexa a xerencia resulta inaxeitada, “cunha sala de espera dividida por paneis móbiles que se abrirán para ao acudir ao baño e co circuíto de pacientes Covid invadindo as nosas dependencias” e aseguran que o “servizo de Medicina Preventiva deunos á razón aos profesionais nas nosas reivindicacións. Por tanto, insistimos en que se nos traslade ao Centro de Saúde, como se fixo recentemente en Cee, e como están a maioría dos PACs do país, ou alomenos que teñamos un circuíto totalmente diferenciado do hospital, como se fai en Verín”.

Artigos relacionados

Back to top button