Publicidade
En portadaÚltima hora

Traballos de limpeza dos ríos Bibei e Xares ao seu paso polo Bolo

Ademas desta actuación, dende a CHMS tamén se está a traballar nos cauces do Avia en Ribadavia e do Limia en Xinzo

O río Xares ao seu paso polo municipio do Bolo./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) continúa os traballos de limpeza de ríos na provincia de Ourense. Así nesta semana estanse a realizar actuacións nos ríos Bibei e Xares, ao seu paso polo municipio valdeorrés do Bolo; Avia en Ribadavia e Limia en Xinzo de Limia. Estes traballos están incluidos no Encargo á empresa Tragsa para o Servicio de Conservación e Restauración de cauces da Demarcación Miño-Sil, que se prorrogarán ata final de ano.

Estes traballos están sendo executados por 4 brigadas, compostas por 4 operarios especializados e un capataz cada unha. Supoñen un investimento total cercana aos 75.000 euros.

No caso do termo municipal do Bolo, tanto no río Xares como no Bibei, tense detectado importante presenza de árbores secas, uns en pé e outros caídos no dominio público hidráulico, que provocan a diminución da capacidade de desague do cauce.

Además, no Bibei, á altura dun azud que deriva a auga nun muíño, obsérvase gran cantidade de vexetación e árbores de pequeno tamaño, o que podería provocar que nas próximas avenidas se acumulen máis arrastres que terminarían producindo un desbordamento do cauce, tal e como indica a confederación.

Por outra banda, a abundante presenza de árbores secas tumbadas no dominio público hidráulico e árbores secas en pé en zona de servidume ao longo de máis de 3 km de cauce, ademais de especies exóticas invasoras, Acacia dealbata e Ailanthus altissima, motivaron estas actuacións no río Avia no municipio de Ribadavia.

A zona de actuación no río Limia abrangue 6 km de cauce, ao seu paso polos municipios de Xinzo de Limia e Porqueira, zona na que se detectaron gran cantidade de árbores secas con risco de caída ao cauce e a zonas moi transitadas por vehículos, ciclistas e viandantes.

Además detectáronse árbores caídos sobre o leito do cauce formando taponamentos  que poderían provocar problemas máis importantes en época de avenidas e residuos sólidos urbanos en dominio público hidráulico e zona de servidume.

Actuacións

Para solucionar a problemática xeral, a CHMS traballa no acondicionamento e limpeza do cauce en dominio público hidráulico e zona de servidume, incluíndo a poda e clareo de ponlas baixas, tala, troceado, apilado e retirada das árbores secas presentes no tramo, especialmente nas inmediacións das infraestruturas de paso.

Procederase ademais ao acondicionamento e limpieza da vexetación presente no azud do río Bibei, de maneira que se facilite a circulación da agua en futuras avenidas. Os restos vexetais son retirados da zona e transpórtanse ao xestor autorizado; no caso dos alisos, aplícanse as medidas ou recomendacións profilácticas co fin de evitar a propagación de Phytophthora Alni.

“Esta Encomenda finalizará no segundo semestre de 2020, se ben, estamos tramitando, ao igual que no 2019, un contrato complementario de reforzo para conservación de cauces a través do que daremos cobertura a un maior número de tramos con problemas”, todo iso co ánimo de previr inundacións e avenidas que pudieran afectar ás persoas e aos seus bens”, indica José Antonio Quiroga, presidente da CHMS.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close