ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Tradición, artesanía e música toman as rúas trivesas

A vila celebra dende o 9 de agosto a XI Mostra do Patrimonio Inmaterial con multitude de actividades, entre elas un concerto da Banda de Mazinger

Dende un mercadiño de artesanía e gastronomía, pasando por música tradicional e mesmo pop, ata deportes como a billarda. Con multitude de propostas pensadas para todos as idades Trives está a celebrar durante esta fin de semana a XI Mostra de Patrimonio Inmaterial, unha iniciativa que promove a Asociación Cultural A Caniceira.

Os cantos de taberna do venres 9 de agosto abrían esta celebración, que continuaba o sábado coa apertura, ás once da mañá, dun mercadiño de artesanía (aberto durante toda a fin de semana) no casco antigo da vila. Para animar a mañá actuaba a Banda de gaitas Os Trintas, mentres ás 12h. na Finca da Barreira tiña lugar o V Campionato de Billarda. Durante a noite actuaba a Banda de Mazinger, rememorando éxitos dos 80 na Praza Doutor Paz.

Nesta xornada deste domingo 11 de agost o mercadiño estaba animado coa música das Macizas Centrais e durante a tarde terá lugar o desfile de folións. O programa finalizará a partires das 22:30h. coa actuación de Os Fillos do Estramonio na Praza do Reloxo.

Fotos cedidas pola A.C. A Caniceira
Máis información:
https://osil.info/v-campionato-de-billarda-en-trives/

Artigos relacionados

Back to top button