En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Tradición feita xogo, música e baile no V Serán Vila de Manzaneda

A billarda, os bolos tradicionais ou a chave eran algúns dos xogos populares galegos cos que se iniciaba na tarde do 14 de abril o “V Serán Vila de Manzaneda”. Trátase dunha orixinal xornada, promovida polo Concello de Manzaneda, que aposta por vivir as tradicións de xeito lúdico e festivo e involucrando a persoas de todas as idades.

Así a partires das catro da tarde comezaban os campionatos de xogos tradicionais no patio de lecer do CEIP desta localidade. Despois tiña lugar un obradoiro de baile, seguido de moita música galega coa participación de nenos e maiores.

Fotos: Carlos G. Hervella/cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button