Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Tradicional cabalgata de Reis en Verín

Antes de percorrer a vila, as súas Maxestades de Oriente visitaban a Residencia de Anciáns Santa María

Fieis á sua cita, na tarde do 5 de xaneiro as rúas de Verín enchíanse de nenos e maiores para asistir á tradicional Cabalgata dos Reis Magos de Oriente. Antes de percorrer a vila, Melchor, Gaspar e Baltasar acudían á Residencia de Anciáns Santa María para entregarlle presentes ás persoas maiores residentes nela.

A cabalgata iniciaba o seu traxecto pola vila na Casa do Escudo, logo encamiñábase cara a avenida Luís Espada, rúas Deputación e Irmáns Moreno, ata finalizar a súa viaxe no pavillón de deportes, ateigado de nenos, onde se repartiron agasallos. Ademais Melchor, en nome dos tres Reis, dirixíalles unhas palabras aos máis pequenos.

Fotos: Concello de Verín

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close