ConcellosÚltima hora

A tradicional festa dos Maios, o día 1 no Barco

Ademais de concursos, haberá exposición dos Maios e unha mostra de artesanía na praza do Concello
Cartel da festa dos Maios 2017 no Barco.

O centro da vila barquense vestirase de natureza ao longo do 1 de maio. Maios, Coplas e Arcos florais poderán participar no concurso que, como cada ano, convoca o Concello do Barco con motivo desta celebración tradicional, que terá lugar ao longo da xornada do 1 de maio no centro da vila. As bases do certame poden consultarse en:
http://www.concellodobarco.org/fileadmin/obarco_user/o_barco_cultural/bases_os_maios_2017.pdf

Así entre as 11 ás 20h a praza do Concello será o escenario principal desta festa cunha serie de actividades arredor dos Maios e das coplas que os acompañan. Ademais haberá unha mostra de artesanía e postos de alimentación, xunto con música, baile tradicional e teatro de títeres serán os outros ingredientes desta festa, promovida dende o Concello do Barco en colaboración co Centro Comercial Aberto (CCA).

A partir das 11 horas Os Maios e os Arcos florais farán un percorrido desde a avenida Conde de Fonosa, na altura do Hospital Comarcal Valdeorras, ata a praza do Concello onde quedarán instalados xunto aos postos de artesanía e produtos gastronómicos.

Ás 12:30h terá lugar a actuación da Agrupación A Ponte Vella de Teo que presentará unha mostra do seu repertorio de baile, pandeireteiras e música tradicional. Ás 13:30h serán cantadas as coplas presentadas a concurso. Ademais da valoración que faga o xurado do concurso (tanto na categoría de Maios enxebres como na de artísticos), o público tamén poderá votar ao Maio que máis lle guste a través do voto aberto, no stand que instalará na praza O Barco CCA.

Pola tarde, a partir das 17:30h.  o grupo Falcatrúa Teatro de Títeres representará a peza titulada “O espírito do Bosque”, de Esteban Losada, unha historia para nenos que fala do respecto e a conservación da natureza. Finalmente ás 19h30 daranse a coñecer os p premios aos Maios, ás Coplas e aos Arcos florais, así como o Voto aberto ao Mellor Maio, segundo a escolla do público.

Artigos relacionados

Back to top button
Close