ConcellosO BarcoÚltima hora

Tráfico regulado por semáforos na Ponte de San Fernando (O Barco-Viloira) por obras

Prevese que a intervención, que se realiza para reparar as xuntas desta infraestrutura, dure un par de días

Imaxe do tráfico na Ponte de San Fernando a primeira hora desta mañá./ Foto cedida.

 

Dende primeira hora da mañá o tráfico pola Ponte de San Fernando, que comunica as vilas do Barco e Viloira, está regulado por semáforos. Un dos carrís desta infraestrutura está cortado ao tráfico debido a unhas obras de reparación.

“Estanse arranxando as xuntas da ponte, o tráfico mantense pero instaláronse semáforos para regulalo”, explica o alcalde do Barco, Alfredo García, que tamén prevé que esta actuación se prolongue alomenos un par de días. Estas obras de reparación están sendo realizadas polo Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana.

Artigos relacionados

Back to top button