OurenseÚltima hora

No 2017 non houbo ningún falecido por atropelo nas estradas da provincia

A Xefatura Provincoal de Tráfico inicia dende hoxe unha campaña de prevención de atropelos fóra de poboado e para iso repartirá chalecos reflectantes
Norberto González, Andrea Conde, David Llorente, Roberto Castro e Ángel Rafael Rodríguez. // Foto: Carlos Asensio.

A chegada do inverno implica que as horas de luz natural se reduzan e, polo tanto, que moita xente da provincia vaia polas estradas de noite ou en horas de baixa luminosidade. Atendendo a esta premisa, a Xefatura Provincial de Tráfico vén de iniciar unha campaña de prevención de atropelos nas estradas secundarias ourensás.

Para facer esta campaña de prevención, Tráfico vai repartir máis de 1.000 chalecos reflectantes aos viandantes a través da Garda Civil de Tráfico e “a través de relatorios de prevención que faremos en centros socio-comunitarios”, dixo o xefe provincial de Tráfico, David Llorente, na presentación desta campaña hoxe, 10 de novembro. Neste senso, o subdelegado do Goberno, Roberto Castro, asegurou que “hai moita xente que cruza de xeito irregular e vai pola marxe que non corresponde”. Por iso levan a cabo esta campaña provincial de prevención. Castro estivo acompañado na presentación, ademais do xefe provincial de tráfico, Davido Llorente, pola subxefa provincial de Tráfico, Andrea Conde; polo capitán da Garda Civil de Tráfico, Ángel Rafel Rodríguez e polo Tenente da Garda Civil de Tráfico, Norberto González.

Así é todo, os datos de atropelos mortais na provincia son máis que positivos. Segundo asegurou David Llorente, no que va de ano “tivemos cero atropelos mortais en estrada”, aínda que a cidade de Ourense ten menos sorte xa que neste 2017 “houbo 2 atropelos mortais”, dixo Llorente, que reiterou que só se obtivo unha cifra similar hai dous anos. Por ende, na provincia séguense a producir atropelos, pois durante este ano houbo un total de 59 feridos leves e 27 graves.

Dende Tráfico aseguran que a meirande parte dos atropelos prodúcense en vías urbanas, xa que do total de 59 feridos leves, 3 foron en vías periurbanas, e dos 27 graves só 2 foron en estradas fóra de poboado. Tendo en conta estas estatísticas, dende a DXT (Dirección Xeral de Tráfico) aseguran que hai un importante descenso pero “consideramos necesario seguir afondando na prevención”.

Neste senso, o Capitán da Garda Civil de Tráfico, Ángel Rafael Rodríguez, asegurou que este tipo de campañas son efectivas xa que “están concienciando á xente e estanse reducindo os atropelos”. Pero, con todo, dende o subsector de Tráfico traballarán para lembrar aos viandantes que circulen polo lado correcto da estrada “sempre de fronte aos vehículos”, dixo Rodríguez, e que utilicen o chaleco reflectante durante as horas de menos luz natural.

Texto: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button