DeportesÚltima hora

I Trail e Andaina Trevinca-A Veiga, o 3 de abril

A proba está incluída no circuíto de Carreiras Populares “Comparte Valdeorras”
Acto de presentación desta proba de trail en Ourense.
Acto de presentación desta proba de trail en Ourense.

Tres probas nunha. O I Trail e Andaina Trevinca-A Veiga, no que se disputará o II Campionato de Galicia de Trail, inclúe tres modalidades deportivas distintas. Ademais dunha andaina, incluirá “dous tipos de trail: un trail longo que é o campionato galego para xente máis experimentada de 21 quilómetros e un trail curto para persoas que non teñen esa experiencia para complementar que non é o campionato galego, sería o trail da Veiga de 15 quilómetros e, a andaina cunha distancia de 13 quilómetros”, tal e como explicaba, director técnico da Delegación da Federación Galega de Atletiso en Valdeorras, Agustín González, no acto de presentación que tiña lugar na mañá do 8 de marzo na Deputación de Ourense.

Esta proba celebrarase o vindeiro 3 de abril na Veiga e forma parte do circuíto “Comparte Valdeorras”. Os interesados en participar teñen de prazo para inscribirse ata o 31 de marzo e poderán facelo a través da páxina web www.carreirasgalegas.com. O prezo da inscrición é de 10 euros no caso de realizarse antes do 28 de marzo, e despois desta data o prezo da inscrición será de 15 euros.

Ademais de Agustín González, no acto de presentación deste evento participaban a deputada provincial de Turismo, Ana Villarino, o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o alcalde do concello da Veiga, Juan Anta; e o delegado da Delegación valdeorresa de Atletismo, Manuel Rodríguez Teijeiro.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button