OurenseÚltima horaVídeos

Tráiler do filme “Cuñados”, unha comedia con produción valdeorresa

Esta longametraxe, rodada na provincia de Ourense, estrearase nos cines o 9 de abril

Escena do filme “Cuñados”, rodado en Ourense e con produción executiva do petinés Alfonso Blanco./ Foto cedida.

 

O vindeiro 9 de abril estrease nas salas de cine a longametraxe “Cuñados”, producida polo valdeorrés  Alfonso Blanco de Portocabo. Trátase dunha comedia de enredo que relata as peripecias delictivas de tres cuñados unidos polo azar e embarcados nun plan disparatado.

O filme rodouse na provincia de Ourense, en zonas como a comarca do Ribeiro, e está dirixido por Toño López. Conta cun elenco con coñecidos rostros de actores galegos como os de Miguel de Lira, Xosé A. Touriñán, Federico Pérez, Eva Fernández ou María Vázquez.

“Cuñado” chegará aos cines o vindeiro 9 de abril, pero antes terá lugar a súa premier mundial en Ourense o domingo 4 de abril.

Esta longametraxe é unha produción de Portocabo que conta coa participación de RTVE e Televisión de Galicia e coa subvención da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

En “Cuñados” colaboraron a Deputación de Ourense e D.O. Ribeiro e está rodada integramente na provincia de Ourense. Filmax encárgase da distribución en España, así como das vendas internacionais.

 

Artigos relacionados

Back to top button