DeportesÚltima hora

Trámites para homologar 2 circuítos de atletismo en ruta de 10 km e 5km no Barco

A vila acollerá o vindeiro 8 de maio o Campionato de España de 10 km ruta nas categorías absoluta e máster, ademais dunha proba popular

Estrada xeral do Barco por onde pasa un dos circuítos que se vai homologar.

 

O vindeiro 08 de maio O Barco será escenario do Campionato de España de 10 km ruta absoluto e máster, no que se agarda a presenza dos destacados especialistas do momento a nivel nacional tanto en categoría masculina como feminina.

“Con esta edición O Barco consolidade como un dos puntos máis importantes a nivel organizativos deste tipo de probas logo de que no ano 2012 organizara de maneira moi exitosa o nacional de Milla en ruta quen sería gañado precisamente na categoria absoluta masculina polo galego Victor Riobóo”, tal e como e destaca a Federación Galega de Atletismo.

De igual modo están moi avanzados os trámites para a homologación en O Barco de dous circuítos en ruta de 10 Km e 5 Km así como un de 10 km no Concello de A Rúa o que dotará a esta Delegación de importantes infraestructuras para continuar levando a cabo eventos destas características.

Artigos relacionados

Back to top button