ConcellosÚltima hora

Tras case 28 anos como alcalde de Castro Caldelas, Eladio Osorio abandona o cargo

A súa renuncia será o punto principal do pleno extraordinario que se celebrará o 31 de outubro
O socialista Eladio Osorio, alcalde de Castro Caldelas.
O socialista Eladio Osorio, alcalde de Castro Caldelas.

Por “motivos estritamente persoais” o alcalde de Castro Caldelas nos últimos 27 anos, o socialista Eladio Osorio, vén de decidir abandonar este cargo. A súa renuncia será tratada nun pleno extraordinario que está convocado para o vindeiro 31 de outubro nesta localidade ourensá. Nel Osorio dará conta da súa decisión diante dos membros da corporación de Castro Caldelas.

“Creo que chegou o momento de dicir adeus a esta etapa de servizo público para poder descansar e dedicarlle máis tempo á miña familia e a min mesmo. É certo que son moitos anos á fronte do Concello e é o momento de darlle paso a novas persoas con novas ideas, e que contan con todo o meu apoio e respaldo”, segundo adiantaba Osorio.

Artigos relacionados

Back to top button