ConcellosParada de SilÚltima hora

Tras 5 anos de trámites, a Fábrica da Luz de Parada de Sil recupera a luz

O concello de Cultura de Parada de Sil, Paco, Magide, diante do transformador, coa enxeñería, a empresa e a spersoas que explotan a Fábrica da Luz./ Foto cedida.

 

No día de hoxe fíxose a conexión da luz eléctrica a Fábrica da Luz de Parada de Sil. “Algo que pode se un paradoxo, é unha realidade que custou moito tempo de adicación”, destacan dende o Concello.

Esta obra que supón unha mellora substancial para un aproveitamento integral do establecemento denominado Fábrica da Luz, en Barxacova, Parada de Sil, tivo un coste definitivo de 98.650 euros. Así non depende só da enerxía solar e o período de apertura poderá ser de máis meses ó longo do ano, con menos custe para empresa xa que o grupo electróxeno non se terá que conectar. “No día de hoxe UFD procedeu a conexión que só entrará en funcionamento cando o abastecemento de fotovoltaica a través das placas solares non sexa suficinte”, matizan dende o Concello de Parada de Sil.

O concelleiro de Cultura de Parada de Sil, Paco Magide, pon de manifesto que hoxe é un gran día xa que supón “o remate a un proceso comenzado fai máis de cinco anos, cando se solicitou, e a pretensión era que o Concello a debía traer en media tensión dende Cristosende, algo inviable polo custe económico e polo impacto sobre a paisaxe e que levou a efectuar varias viaxes a Coruña para tratar de modificar esa decisión”.

Despois de moitas negociacións con distintas instancias e de cinco anos, “a luz chegou a un establecemento que era Fábrica da Luz dende 1926 e agora vai un tramo en aéreo dende o pobo de Barxacova e na súa maior parte vai o cableado soterrado evitando calquera impacto paisaxístico”, explica Paco Magide.

Nesta obra o INEGA aportou 15.000 euros e a Deputación provincial 14.000 euros, sendo o resto de fondos propios do Concello. A actuación foi executada pola enxeñería Proieco de Ourense a a empresa Teyca-GA, “que fixo a obra en tempo récord e a quen dende o Concello se lle agradece o esforzo”, indican dende o Concello de Parada de Sil.

Artigos relacionados

Back to top button