En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Tras as pegadas da antiga explotación de volframio en Trevinca

Unha vintena de persoas, boa parte delas da Veiga, participaba na xornada do 9 de decembro na ruta denominada “O volframio e o glaciarismo no alto Xares”. Tratábase dun percorrido por esta zona de Trevinca, acompañado dunha explicación didáctica sobre as Minas de Volframio de Vilanova, vendo a súa situación así como os restos de material e maquinaria que aínda se conservan no lugar.

Este traxecto, organizado polo Concello da Veiga a través da Oficina de Información xuvenil, desenvolvíase de xeito agradable a pesar da néboa e da chuvia. Concluía no Centro de Visitantes da ZEC Peña Trevinca (Ponte).

Fotos cedidas polos participantes.

Artigos relacionados

Back to top button