Esta tarde un operario sufría feridas de consideración no Pereiro de Aguiar “ao cortarse nunha perna coa radial que estaba a manexar, nas proximidades dunha gasolineira no lugar de Castadón”, tal e como informa o 112 Galicia.
O suceso producíase uns minutos antes das catro e cuarto. Nese momento, o 112 Galicia recibiu “a alerta do accidente laboral a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado para atender ao operario ferido, aínda que, finalmente, o home foi evacuado nunha ambulancia a un centro hospitalario”, citando ao 112 Galicia.
Desde o CIAE 112 Galicia, nada máis recibir a alerta do suceso, solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil e do GES do Pereiro de Aguiar.