ConcellosLaroucoÚltima hora

Trasladada unha persoa tras declararse un incendio nunha casa en Seadur (Larouco)

 

Unha persoa tivo que ser trasladado ao presentar síntomas de intoxicación por inhalación de fume tras declararse un incendio, arredor das dez desta mañá, nunha casa en Seadur (Larouco). Ademais, o lume deixou importantes danos na vivenda, tal e como vén de informar o 112 Galicia.

Tras recibir o aviso dun particular, o CIAE 112 Galicia requeriu a intervención dos Bombeiros do parque comarcal e dos bombeiros do GES Valdeorras, da Garda Civil, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e de medios da central de Incendios de Ourense. Ademais, informouse ao GES de Castro Caldelas e a Protección Civil de Larouco, por se fose necesaria a súa intervención.

“Concretamente, as lapas afectaron a unha palleira e á cociña, na que caeu a cuberta. Tamén arderon varios apeiros de labranza e herba acumulada. Ademais o lume alcanzou dúas casas lindeiras, nas que ardeu algunha persiana e ventá, pero sen causar maiores danos.

Arestora a persoa trasladada ao hospital xa está dada de alta, tal e como confirma a alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela, que ao fío deste suceso dá un toque de atención sobre a importancia de “ter control das palleiras que hai dentro dos pobos” para evitar percances. “Neste caso, engade, “o lume non se iniciou na palleira, senón na cheminea do calentador, pero había unha palleira detrás da casa á que despois pasou o lume”.

Artigos relacionados

Back to top button