OurenseÚltima hora

Trasladado en helicóptero tras caer dun tellado en Carballeda de Avia

 

A primeira hora desta tarde un traballador sufría unha caída dende un tellado, duns 8 metros de altura no municipio de Carballeda de Avia. “O suceso ocorreu nas proximidades do campo de fútbol local, pasadas as tres e media da tarde. A esa hora o 112 Galicia recibiu a chamada do persoal sanitario que informaba do accidente laboral e, na mesma comunicación, xa confirmaba a mobilización da aeronave medicalizada con base en Ourense, para o lugar”, tal e como indica o 112 Galicia.

Nese momento, desde o CIAE-112 alertouse aos axentes da Garda Civil, aos bombeiros do GES de Ribadavia e aos membros de Protección Civil da localidade, por se fose necesario dar apoio no punto. Finalmente, o GES de Ribadavia confirmoulle ao 112 que o operario foi trasladado no helicóptero ao centro hospitalario de referencia.

Artigos relacionados

Back to top button