ConcellosMonforte de LemosÚltima hora

Trasladado en helicóptero tras ferirse nun circuíto de motocross en Monforte

 

Sobre as 15:50 horas desta tarde o 112 Galicia recibía un aviso no que se lle informaba da caída dunha persoa dunha moto. “Indicaba que se atopaban nun circuíto de motocross, por riba do Canal, en Monforte de Lemos, nun lugar de difícil acceso para os vehículos podendo unicamente acceder a través dunha finca de herba, situada a uns 500-600 metros”, segundo informa o 112 Galicia.

Con estes datos, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, “de inmediato comunicaban que o helicóptero medicalizado se desprazaba cara o punto”.

Do mesmo xeito, foron informados os Bombeiros de Monforte, a Policía Local e os efectivos de Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar dos feitos, os Bombeiros informaban da súa colaboración no traslado do paciente ata o helicóptero, que o trasladou ata o Hospital Xeral de Lugo.

Artigos relacionados

Back to top button