ConcellosTrivesÚltima hora

Trasladado en helicóptero tras sufrir unha caída en Trives

 

Pasadas as 12h. deste sábado 3 de abril unha persoa resultaba ferida con lesións de consideración ao sufrir unha caída nun accidente doméstico en Trives. En concreto, o accidente producíase nunha beirarrúa situada no recinto da súa propia vivenda, situada na avenida das Américas en Trives.

Ata o lugar desprazábanse de inmediato un médico e un ATS do PAC de Trives nunha ambulancia, así como os voluntarios da agrupación de Protección Civil da Proba de Trives e os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Unha vez estabilizada a persoa ferida, o equipo médico trasladouno para ser atendido nun hospital.

Fotos: Protección Civil de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button