OurenseÚltima hora

Trasladado en helicóptero un home tras caer dun galpón en Vilar de Barrio

 

Na mañá deste domingo 23 de xaneiro, un home tiña que ser evacuado de urxencia ao centro hospitalario de referencia debido ás lesións provocadas por unha caída de altura no concello ourensán de Vilar de Barrio.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, “o ferido, un varón que realizaba traballos no galpón dunha vivenda do lugar de Aldea Arriba, precipitouse desde unha zona elevada, o que lle fixo perder a consciencia”. Así o relataba a persoa que preto das 11:15 horas contactaba co 112 Galicia para pedir asistencia médica urxente. Ata o lugar do accidente acudían os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense para trasladar ao home .

Para prestar apoio e colaborar co equipo médico desprazado na aeronave, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos voluntarios de Protección Civil da localidade, así como dos membros da Garda Civil.

Artigos relacionados

Back to top button