OurenseÚltima hora

Trasladado en helicóptero un menor atropelado en Vilar de Santos

 

Rozando as sete desta tarde un menor sufría un atropelo no lugar de Outeiro, na localidade ourensá de Vilar de Santos. Ante o suceso mobilizábase o helicóptero medicalizado con base en Ourense, tal e como informa o 112 Galicia.

Ademais, inmediatamente, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia alertaron aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Xinzo.

Pouco despois, os servizos sanitarios confirmáronlle ao 112 que o rapaz ía ser trasladado no helicóptero cara o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Saída de vía con feridos en Baños de Molgas

Unha hora antes do sucedido en Vilar de Santos, o 112 Galicia tamén era avisado dunha saída de vía con dúas persoas feridas, no concello de Baños de Molgas.

Novamente, foron os servizos sanitarios de urxencia os que indicaron que o accidente tiña lugar na estrada de Maceda cara o Santuario dos Milagres, segundo o 112 Galicia. Nese momento, dende o CIAE-112 informouse aos axentes da Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de San Cibrao, ao GES de Pereiro de Aguiar e aos membros de Protección Civil da localidade.

As dúas persoas feridas foron trasladadas para recibir atención sanitaria.

Artigos relacionados

Back to top button