OurenseÚltima hora

Trasladado en helicóptero un traballador tras caerlle enriba unha árbore en Castrelo do Val

 

Un operario necesitou ser evacuado en helicóptero medicalizado tras caerlle unha árbore enriba, no concello ourensán de Castrelo do Val, segundo vén de informar o 112 Galicia. O suceso producíase nunha zona forestal próxima ao lugar de Campobecerros, pasadas as doce e media deste luns. A esa hora, un particular contactou co 112 Galicia para alertar do accidente laboral e solicitar asistencia médica para o traballador.

“Deste xeito, os xestores do CIAE-112 Galicia informaron do acontecido ao servizos sanitarios, de feito mobilizaron para o punto a aeronave medicalizada con base en Ourense para trasladar ao ferido. Ademais, tamén se lle facilitaron os datos aos axentes da Garda Civil e aos bombeiros do GES de Laza, por se fose necesario dar apoio no lugar”, segundo informa o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button