OurenseÚltima hora

Trasladado en helicóptero un traballador tras sufrir un accidente cunha máquina en San Cristovo de Cea

 

Un operario tivo que ser trasladado en helicóptero medicalizado ao centro hospitalario de referencia despois de resultar ferido tras sufrir un accidente esta tarde cunha máquina na estrada de Castrelo, no concello de San Cristovo de Cea. De acordo coa información facilitada ao 112 Galicia polos equipos de intervención que acudiron ao lugar dos feitos, foi necesario interromper a circulación na vía para facilitar as labores de aterraxe da aeronave.

O 112 Galicia tivo coñecemento deste accidente laboral contra as catro e media da tarde a través do aviso dun dos compañeiros do operario. “No seu relato, afirmaba que o traballador xa estaba liberado, pero necesitaba asistencia médica urxente. Con estes datos, os xestores do 112 pasaron aviso ao equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia que, de inmediato, comunicaron a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o luga”, segundo o 112 Galicia.

Así, para prestar apoio aos profesionais sanitarios, desde o 112 tamén se solicitou a colaboración dos axentes da Garda Civil e dos membros de Protección Civil de San Cristovo de Cea.

Artigos relacionados

Back to top button