OurenseÚltima hora

Trasladado un home con síntomas de intoxicación por inhalación de gas en Xinzo

 

Na pasada tarde un varón tivo que ser trasladado logo de presentar síntomas de intoxicación por inhalación de gas, no concello ourensán de Xinzo de Limia. Segundo a información recollida no 112 Galicia, “os feitos ocorreron pasadas as 19:00 horas, nun domicilio situado na rúa A Lamela, en Morgade. Ata alí, acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para comprobar o estado no que se atopaba o varón que, aínda que permanecía no domicilio con dúas persoas máis, era o único que presentaba síntomas compatibles cunha intoxicación por monóxido de carbono”.

Co fin de determinar as causas do acontecido, os xestores do 112 Galicia avisaron, de inmediato, “aos Bombeiros da localidade que, logo de facer as correspondentes medicións no punto, confirmaron que a vivenda xa fora ventilada e non corría risco”, segundo o 112 Galicia, que tamén lle facilitaron “os datos aos axentes da Policía Local e aos membros de Protección Civil de Xinzo”.

Artigos relacionados

Back to top button