OurenseÚltima hora

Trasmiras acollerá a biblioteca completa do lexicógrafo Isaac Alonso Estraviz

Emilio Pazos, Isaac Alonso Estraviz e Manuel Baltar.

 

O lexicólogo Isaac Alonso Estraviz, porá toda a súa biblioteca -máis de 6.000 volumes- a disposición da veciñanza de Trasmiras. Así llo transmitía o lingüista  ao presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, na reunión que mantiñan esta mañá no Pazo Provincial xunto ao alcalde do Concello de Trasmiras, Emilio Pazos.

Alonso Estraviz, proposto para medalla de ouro da provincia de Ourense, cuxo expediente de honra está actualmente en marcha explicou na reunión que a infraestrutura cultural que acollerá os fondos estará situada na Casa de Cultura deste municipio ourensán. Segundo confirmou Baltar, Deputación e Concello chegaron a un acordo para reformar e adaptar o salón de actos e destinalo a este uso, “un xesto altruísta por parte de Alonso Estraviz que hai que agradecer”, destacou o presidente do goberno provincial, quen felicitou ao lexicógrafo “pola súa traxectoria, ligada sempre á defensa da identidade, e polas súas investigacións, que o fan acredor e merecente dunha distinción tan importante como a medalla de ouro da provincia”.

Artigos relacionados

Back to top button