EconomíaEconomíaÚltima hora

Un traxe inspirado no Boteiro de Viana chega á final do casting de “Maestros de la costura” de TVE

O estilista e deseñador Jorge Álvarez pasou diferentes probas nas que participaron máis de 10.000 persoas de toda España
Jorge Álvarez (esquerda) amosa as súas prendas xunto a outro aspirante.

O xove vianés Jorge Álvarez (modelo, estilista, perruqueiro e tamén deseñador) non deixa de sorprender. Desta volta facíao cun chamativo deseño inspirado no traxe de Boteiro de Viana do Bolo. “Hai tempo que quería facer algo así e agora vin a ocasión e fíxen un traxe de muller inspirado na figura central do Entroido en Viana do Bolo”, explica dende a habitación do hotel en Madrid, ao día seguinte de participar na final do casting que TVE fixo para o seu novo programa “Maestros de la costura”.

 

O traxe que presentou o vianés Jorge Álvarez.

Despois de percorrer distintos puntos de España en busca dos mellores modistas amateur entre os máis de 10.000 aspirantes, na noite do 26 de outubro tiña lugar no NH das Ventas a última proba presencial da primeira ronda. “O que buscamos é destreza e creatividade” asegura Esther González, directora de casting de “Maestros de la costura” e tamén de  “MasterChef”. Algo que ao de Viana lle sobra. Con todo, despois de superar varias probas, Jorge quedaba ás portas de entrar no concurso televisivo. “Non pudo ser pero quédome con que son un dos finalistas de mellor deseñador español”, asegura orgulloso de ter chegado ata aquí cun deseño “baseado no meu pobo natal e que gustou bastante”.

 

Parte posterior do traxe inspirado no Entroido de Viana do Bolo.

Este novo “talent show” de Televisión Española, superou todas as expectativas dos produtores dende o principio, recibindo inscricións de perfiles “moi heteroxéneos”, desde “señoras maiores” ata homes que queren dar eo salto á costura. Jorge foi un deles, animado por unha amiga, e fixo un bo papel.

Artigos relacionados

Back to top button