ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A treboada obriga a cortar a entrada ao Barco dende Veigamuíños

A intensa chuvia da treboada que caía pola tarde no Barco colapsaba de novo á entrada á vila valdeorresa pola zona de Veigamuíños, sen que nesta ocasión ningún vehículo quedase atrapado.

A Policía Local cortaba o acceso á zona mentres os membros do GES Valdeorras e de Protección Civil da vila, xunto con persoal da bomba da Deputación trataban de achicar a auga o antes posible para volver a abrir o paso ao tráfico.

Fotos: Carlos G. Hervella, agás a cuarta imaxe da galería que é de Arsenio Blanco.

Artigos relacionados

Back to top button