ConcellosÚltima hora

A treboada obriga a suspender os últimos actos da Baco Festa da Rúa

Non era o broche festivo esperado, tras un intenso programa de tres días nos que A Rúa voltaba á época romana coa III Baco Festa. Sen embargo, a treboada e as fortes chuvias caídas na tarde do 15 de agosto obrigaban á organización a suspender os actos desta celebración, que ademais de degustación de viños e gastronomía, e dunha mostra de artesanía, incluía actividades paralelas como xogos e actuacións musicais.

“Por motivos evidentes a Baco Festa queda suspendida por este ano. Despois de tanto traballo e tanto esforzo esta non é a fin de festa que agardábamos. Agardamos que disfrutárades destes dous días e vémonos o ano que vén”, tal e como facía público o Concello rues a través do seu facebook, no que tamén se publicaba a seguinte imaxe.

Imaxe do Aguillón rues, zona onde estaba instalada o recinto feiral da Baco Festa, tras a treboada caída na tarde do 15 de agosto./ Foto: Concello da Rúa.
Imaxe do Aguillón rues, zona onde estaba instalada o recinto feiral da Baco Festa, tras a treboada caída na tarde do 15 de agosto./ Foto: Concello da Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button