OurenseÚltima hora

Trece galardóns do XXXVII Concurso Escolar da Constitución para Franciscanas de Ourense

 

O alumnado de Franciscanas de Ourense, coordinado por Gonzalo Sánchez e María José Castro, conseguía este ano trece dos vinte galardóns de Secundaria, Bacharelato e FP no XXXVII Concurso Escolar da Constitución convocado pola Subdelegación do Goberno en Ourense. Alumnado que realizou estupendos traballos sobre o Título I Dereitos e deberes fundamentais, artículos 10-55 da Carta Magna.

 

Os alumnos premiados.

 

Un éxito máis para este centro educativo de renome na cidade de Ourense que, da man dos seus Ecovixiantes, seguen intentando mellorar o medio ambiente. Para iso, unha semana máis celebraban a xa tradicional xornada de limpeza e deporte na praza Roja. “Gran batida de cabichas e un partido de hockey entre Sporting Sogama e Atlético Pilabot, que terminaron en táboas”, explica o profesor, Lalo Sánchez, incidindo en que continúan co Programa Stars España de desprazamento sostible e seguro, agradecendo a Ecourense o material recibido. No marco do programa Recíclate con Sogama, levaron os envases lixeiros ao contedor amarelo.

 

Visita de representantes da Deputación.

 

Ese mesmo día os alumnos de 1º da ESO recibían a visita de representantes da Deputación (o vicepresidente César Fernández e o coordinador da campaña, Diego Lago), dentro da 9 Semana Escolar da Provincia na que participaron preto de 7.000 alumnos e profesores de Educación Secundaria de 46 centros educativos.

O centro educativo Divina Pastora MM Franciscanas pechaba a semana coa chegada dunha illla de reciclaxe e un compostador por xentileza de Sogama, dentro do Plan Proxecta Recíclate con Sogama. Un contedor amarelo, outro verde e un terceiro azul que serán proximamente ubicados no patio do colexio onde o alumnado é xa especialista en 3Rs  (Reducir, Reutilizar e Reciclar) e en Economía Circular.

Centro Autonómico de Formación e Innovación

 

 

A actividade dos Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense foi moi intensa nesta semana, cando o seu líder, o profesor Gonzalo Sánchez, era convidado polo CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación), para impartir hábitos saudables e compostaxe no CEIP de Toques, A Coruña.

 

 

Lalo levou o modelo Sogama a este centro coruñés cun profesorado moi xove que porá en práctica a teoría impartida. “Economía circular e as 3Rs completaron este ameno curso de formación”, explica Lalo que foi acompañado por Chiqui de Stars Nature Watchers do Colexio María Inmaculada de Verín.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button