EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticultura

Trece galardóns para viños da D.O. Valdeorras nos Decanter

Este concurso internacional é un dos máis prestixiosos do mundo do viño e tiña lugar ao longo do mes de agosto en Londres

 

Ata 13 referencias valdeorresas veñen de ser distinguidas nos Decanter 2020 World Wine Awards. Neste concurso, celebrado ao longo do mes de agosto en Londres, participaban uns 16.500 viños de todo o mundo. “Isto proba que a calidade dos nosos brancos e tintos non ten nada que envexar á de viños doutras rexións europeas e mundiais”, asegura o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, José Luis García Pando.

Así Decanter recoñecía con medalla de prata a catro marcas da comarca: Maruxa Godello de Virgen del Galir; Viñaredo Godello de Santa Marta; Viñaredo Sousón Barrica de Santa Marta e 200 Cestos de A Coroa.

Xunto a isto, lograban a medalla de bronce  Maruxa Mencía de Virgen del GAlir; Pagos del Galir Godello de Virgen del Galir; Pagos del Galir Mencía de Virgen del Galir; Fardelas Godellón de Santa Marta e Godello de A Coroa.

Finalmente, houbo catro viños que obtiveron a distinción de destacados: Godello de Joaquín Rebolledo; Finca Trasladeiras de Joaquín Rebolledo; Sobre Lías Godello de Valdesil e Valderroa Carballo de Valdesil.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close