CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Tregua, en eléctrico, este venres 2 de febreiro na sala Baranda

A banda coruñesa presenta no Barco de Valdeorras o seu traballo de nome homónimo
Tregua en concerto.

Con máis dun cento de concertos por todo o país ás costas, e de ter participado nos principais festivais de rock compartindo escenario con artistas como Rosendo, Sôber, La Fuga, Los Suaves, Barricada, Medina Azahara, Rulo y la Contrabando, Revólver ou Barón Rojo, a banda coruñesa Tregua chega mañá, 2 de febreiro, ao Barco de Valdeorras.

O grupo de rock está formado por Mario García “Petru”, guitarra eléctrica, acústica e voz; Rubén Rodríguez, piano; Adri Torreira, guitarra eléctrica e acústica; David Ruíz, baixo e coros; Iván Aguado, guitarra eléctrica; e Miguel Vieites, batería. A partires das 23:30h. subiranse ao escenario da sala Baranda para presentar, en eléctrico, o seu disco “Tregua”, publicado en 2017. A entrada será de balde.

Artigos relacionados

Back to top button