CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Tremiñá recibe ás “Mochilas pola lingua” do CEIP Condesa Fenosa

Un grupo duns 80 nenos visitaba este pobo barquense e participaba nunha serie de obradoiros de oficios tradicionais

As pandereiteiras, fiadoras e palilleiras da Asociación de Mulleres Rurais de Veigamuíños recibían ás dez da mañá do 7 de maio en Tremiñá (O Barco) aos alumnos do CEIP Condesa Fenosa. Esta visita formaba parte da programación “Mochilas pola lingua” do Equipo de Dinamización Lingüística deste centro barquense.

A partires de aí, os nenos iniciaban un percorrido polo pobo dende a ponte Pombeira. Unha vez alí, e dividíanse en grupos, participaban nunha serie de obradoiros vencellados con oficios tradicionais: a olería, a elaboración de viño na adega, a cesteiría, o mel, a horta… A visita finalizaba na taberna “Alambique” cunha degustación de deliciosos postres tradicionais.

Esta actividade educativa foi organizada polo CEIP Condesa Fenosa en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais de Veigamuíños.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button