Tres alumnos vianeses, entre os finalistas galegos do concurso “¿Qué es un rey para ti?”

Na fase galega do certame presentábanse 1.986 traballos, procedentes de 115 centros da comunidade

Un ano máis, e xa é o cuarto, o CEIP Bibei de Viana do Bolo volve ter representación autonómica do concurso “¿Qué es un rey para ti?”, que convoca a Fundación Institucional Española (FIES), a Fundación Orange e a Consellería de Educación.

Nesta 37ª edición os finalistas son tres alumnos de 6º de Primaria do centro vianés: Enzo Rodríguez Ruibal, Noa Vaz Macías e María Martínez López. Os tres, acompañados da súa titora e das súas familias, viaxaban a Santiago o día 11 de xuño para recoller na Cidade da Cultura os diplomas e agasallos correspondentes. Dende o CEIP vianés transmítenlle os seus parabéns aos alumnos finalistas.

Nesta edición do concurso participaban un total de 1.986 alumn@s de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, de 1º e 2º de ESO e de Educación Especial de ata 18 anos de idade, procedentes de 115 centros educativos da comunidade, que teñen sido asesorados polos seus mestres ou titores na realización dos seus traballos.

No acto de entrega de diplomas desta fase do concurso en Galicia expoñíanse ademais as 40 obras finalistas procedentes de 15 colexios escollidos dos 115 presentados.

As fotos da galería foron cedidas polo CEIP Bibei de Viana do Bolo.

 

Os alumnos vianeses co resto dos finalistas galegos.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies