DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Tres atletas de Trotadas Valdeorras, no maratón de Praga

Coas súas medallas colgadas e moi satisfeitos pola experiencia regresaban de Praga os atletas de Trotadas Valdeorras: Miguel Ángel Martínez, Carlos Revuelta e Francisco Bao. Acudían o 7 de maio á capital da República Checa para participar na Maratón Internacional de Praga e faciano ademais acompañados por membros das súas familias, que os respaldaron e animaron ao longo da proba.

Saían os tres xuntos e rodaban de maneira tranquila nos primeiros quilómetros, se ben despois Miguel Ángel Martínez e Francisco Bao adiantábanse buscando rematar a proba mellorando tempos. E así, cruzaban a meta ondeando a bandeira española 5 horas e 53 minutos despois da saída. Deste xeito Miguel Ángel completaba o seu maratón número 34 e Francisco o número 4.

Finalmente, Carlos Revuelta remataba a carreira de Praga cun tempo de 6 horas e 7 minutos, concluíndo así o seu 111 maratón. Na meta celebrábano coas súas familias.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button