Tres clubs ourensáns no campionato galego máster de inverno de natación

Nadadores do Pabellón Ourense, Adas e Escualos participarán na proba que se disputará esta fin de semana en Pontevedra

Membros do CN Escualos de Ourense.

Máis de 400 nadadores de 24 clubs de toda Galicia, participarán a fin de semana do 14 e 15 de xaneiro no campionato galego máster de inverno de natación, que se celebrará na piscina do complexo deportivo Rías do Sur de Pontevedra. Entre os clubs participantes, tres ourensáns están inscritos na proba: Club Natación Pabellón Ourense ; Club Adas Natación do Barco de Valdeorras; e Club Natación Escualos de Ourense.

O campionato celebrarase a nivel rexional en dúas xornadas cunha sesión de tarde na primeira e unha de mañá e de tarde na segunda xornada, e haberá tres clasificacións: masculina, total puntos acadados en probas individuais e remudas masculinas; feminina, total puntos acadados en probas individuais e remudas femininas; e total, puntos da suma da clasificación masculina, feminina e máis os puntos das probas mixtas (se existir).

 

Membros do Adas Natación.

Segundo a Fegan (Federación galega de natación), organizadora do evento deportivo xunto ao C.N. Galaico, entregaranse medallas aos tres primeiros clasificados en cada proba e categoría masculina e feminina. Haberá ademais trofeos aos participantes de máis idade na categoría masculina e feminina, así como aos clubes campións en cada unha das clasificacións indicadas na normativa do campionato.

Os tres clubs ourensáns que loitarán por un trofeo no campionato, participan asemade na liga galega máster. Despois de dúas xornadas disputadas e segundo os datos provisionais da Fegan, o CN Escualos é o mellor clasificado no 7º posto, seguido polo C Adas Natación no 10º e o CNP Ourense no 15º.

 

Membros do CNP Ourense.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies