CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Tres coros actuarán no Concerto de Nadal da Pobra de Trives

Publicidade
O festival organizado polo Orfeón Trivés celebrarase mañá, 15 de decembro, no Auditorio Julio Vázquez
Actuación do Orfeón Trivés na igrexa parroquial. /Foto: Concello de Trives.

Teatro, deporte, citas solidarias e moita música. Son os ingredientes cos que se elaborou a programación navideña en Trives, con actividades novas e citas xa tradicionais que non poden faltar. É o caso do Concerto de Nadal que se celebrará mañá, sábado 15 de decembro, a partires das 19:30h. no Auditorio Julio Vázquez.

Organizado polo Orfeón Trivés, en colaboración do Concello da Pobra de Trives, a Consellería de Cultura e a FE.CO.GA., o festival contará cosa actuacións da Coral Ecos do Ulla de Monterroso, da Coraliña Cantora de Trives e do propio Orfeón Trives, estas dúas úlitimas agrupacións, dirixidas por Sandra González.

 

Cartel do Concerto de Nadal en Trives.

 

Artigos relacionados

Back to top button